Para completar o que podemos ver no Mosteiro de Samos é interesante coñecer antes a
súa historia. A beiras do río Sarria ou Oribio, na provincia de Lugo, levántase o
antigo mosteiro de San Julián e Santa Basílisa de Samos. O seu nome derívase
da palabra sueva samanos, que significa “lugar onde viven relixiosos en
comunidade”. A tradición atribúe a súa fundación no século VI a San Martín de
Braga. O mosteiro foi colexio de Teoloxía e Filosofía é parada importante do
camiño de Santiago xa que conta cunha hospedería. Pertence á orde dos
benedectinos dos cales sete monxes son os que se encargan do devandito
Mosteiro. No seu interior hai dous claustros o primeiro é considerado cos seus
54 metros de lado dos mais grandes do estado español entre os da súa clase.
O de Samos é un dos Mosteiros habitado máis antigo de España.
A Vila de Portomarin naceu e creceu á beira da ponte romana sobre o rio Miño
(reconstruído na Idade Media) ; tamén é paso do Camiño Frances de Santiago.
No ano 1962, construiuse o encoro de Belesar, é ó antigo Portomarín, quedou
baixo as augas do encoro; do “vello” Portomarín soio foi rescatada a igresa, que
despois foi reconstruida no emplazamento actual, no lugar chamado Monte do
Cristo, donde agora está o Novo Portomarín.
Cando as augas do encoro baixan de nivel, inda son visibles os restos das
edificacións do antigo Portomarín. A Vila e tamén mui recoñecida po la sua
aguardente, destilada nas antigas alquitaras, é que ten a sua festa ó día de
Pascua, ese día pódense ver unha grande cantidade de alquitaras destilando o mismo tempo na praza da Vila.
volver