EXCURSIÓN VIRXE DO CORPIÑO
Fecha: 24 de junio de 2025
O martes 24 de xuño visitaremos a romaría Da Virxe Do Corpiño, que está situada na parroquia de Santa Baia  de Losón no concello de Lalín, nun pequeno outeiro do val do río Deza. As súas orixes remóntanxe ao sécolo VIII.

Sairemos de Coruxo as 8 da maña.

Ao chegar ao santuario pra participar nas misas, todo aquel que o desexe, pero antes tomaremos os xa "Inmprescindibles Tentempié" po los posibles desfalecementos da procesión, porque hai que ir fortes, tanto en corpo como de alma.

Haberá tempo libre pra que cada un ó empregue como millor queira. Sobre as 13:30h sairemos pra xantar, que será na palloza do restaurante Fogar de Breogan (Santiso-Lalin).

Terminado o xantar, visitaremos o Pazo de Liñares (barroco do sigloXVII), disfrutando de todo o seu entorno e nos adentraremos no museos do Xoguete e dos Monicreques que se atopan dentro do dito pazo. No devandito pazo viviu longas tempadas a escritora Emilia Pardo Bazan.

Si terminada a visita, temos tempo fariamos un percorrido po la Fraga do Catasos, tamen coñecida por Carballeira de Quiroga, donde se encontran os carballos e castiñeiros máis senlleiros de Galicia, con diametros do tronco de ata 5 metros e unha altura de máis de 30. Son os máis altos de Europa.

E a continuación saída de retorno ao noso orixe "Coruxo e Limitrofes".



volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46