Carmen Alonso Rodríguez, naceu un 16 de Abril do ano 1925, no barrio da Manta en
Coruxo, foron 4 hirmans. Foi nai de 4 fillos, que lle deron 6 netos, ademáis de 6
bisnetos dos que agora disfruta.
Recibiunos na sua casa, donde viviu toda a sua Vida; agora acompañada da sua filla
Rosario e ó seu marido que a cuidan e lle dan todo ó cariño do mundo; con unha alegría
é axilidade de memoria que nos deixou abraiados. Carmen é unha enciclopedia de
recordos , dos cales pon fechas, lugares é feitos, con unha lucidez fora do normal;
sobre todos aqueles que marcaron a sua vida sendo unha nena, nun momento mui triste
da historia do noso País.
A sua vida foi de traballo constante, non había horarios; no campo ou no monte;
labrando ou cortando toxo; como dis Carmen “era ó que había”; é despois de todo
isto,inda lle quedaban folgos para ir as festas, era ó que mais lle gustaba. O BEILLAR.
Recorda aquela festa de San Sebastian, que escomenzou a chover “si Dios la daba”, e a
festa estaba alí ó lado da sua casa, é dixolle a sua Hirman “pero como non vamos a ir”;a
resposta de sua hirman foi “pero non miras como chove… con a lama que hai;
escarallamoslos zapatos; resposta de Carmen “pois levamos as zamancas”;e Carmen e
sua hirman foron a festa de San Sebastián en zamancas, foron as mellores do baile...
Carmen…sempre foi unha muller esperta e aguerrida; xa de maior foise de viaxe a
Canarias, sin naide que, a acompañar, pasouno moi ben é non solo foi senon que tamén
supo vir de volta… Da gusto escoitala falar.con ese sorriso pícaro è un semblante
radiante. FELIZ.
Asociación Avoa enorgullecese de poder llevar a cabo este pequeño homenaxe a
Carmen ,ó cumplir os 100 años; agradecemos a Carmen e a sus familia as facilidades
que nos deron para poder levalo a diante, Dende AVOA; FELIZ CUMPLEANOS, e a
por os 101 ¡¡¡¡
PARABENS E FELICIDADES.