Como anos anteriores a asociación quixo estar cos socios maiores o día DO PAI e o día non defraudou, como a primavera estaba en portas para comezar, pois a directiva se puxo ao choio para visitalos e obsequialos cun pequeno detalle e comezamos ás 11.00 da mañá por Sayans, seguido de Canido a continuación Navia, Beade e terminando en Coruxo (Fragoselo e Combro),
Foi unha mañá moi entrañable de moitas conversacións, sorrisos, emocións mais dunha e por suposto con algunha vianda polo medio, nós tamén tiñamos os nosos compromisos particulares e cara ás 13:45 satisfeitos de estar con eles e cos seus familiares non ausentamos aos nosos domicilios.
Os homenaxeados: LUIS COSTAS GOBERNA socio nº 9; JOSE PEQUEÑO PÉREZ socio nº 38;
JOSÉ PÉREZ ALONSO socio nº 95; GERARDO MELCHOR HERMIDA socio nº 97; JORGE TRIGO COMESAÑA socio nº 309 e MARIANO MARTÍN LÓPEZ socio nº 419.
Desde AVOA MOITAS FELICIDADES E MOITA SAÚDE.
volver