O pasado venres 28 de novembro como anos anteriores celebramos o día do Socio: ás 17:00h na igrexa parroquial, misa polos socios falecidos e familiares oficiada po lo Sr. párroco D. Emilio González e cantada por un organista.
Despois achegámonos ao centro cultural (CRACC) para escoitar ao grupo de folk "Tarxa" con máis de trinta anos nos escenarios que foi presentado por Carlos F., que nos deleitaron e emocionaron con cancións como "Alecrin Dourado", "Vento do Norte", etc.
No intermedio da súa actuación aos matrimonios que celebraron as súas Vodas de Ouro neste ano 2025 fixose entrega dun reportaxe en soporte dixital, con as fotos dos momentos mais sobranceiros de ese día tan especial como recordo, elaborado por Antonio Fernández Santome.
Asi mesmo tamen se entregou, a título Póstumo a Carmen Alonso (Carmen da Manta), nai centenaria, recentemente falecida, ó agasallo que no seu día foi donado po lo Concello de Vigo é que recolleu a sua filla da man do presidente de Avoa.
E a continuación preparáronse as mesas, as viandas estaban a esperar: embutidos varios, canapés, queixos, empanadas como non de bacallau, tortillas caseiras, todo regado con albariños, mencias, augas e refrescos, por suposto non falto algo para adozar a tarde/noite nosa bica galega.
Agradecer o Centro Cultural a cesión dos espazos necesarios para desenrolar o acto e asi mesmo agradecer a todalas persoas que nos axudaron a elaborar os “pinchos” antes nomeados. E como non o “servicio" de “camareiros" e "camareiras”.
A todos e a todas MIL GRAZAS.
volver