O pasado sábado 14 de xuño , saímos preto de 140 excursionistas dende Coruxo, o primeiro autobús como estaba previsto saíu ás 8:45 dirección cara o porto de Vigo (xa metéramos o aprovisionamento habitual nos autobuses), chegamos ao embarcadoiro e fomos subindo ao catamarán de Nabia,.. uns máis lixeiros que outros;pero todos con a mesma ilusión, pasar un dia maravilloso; xa todos e todas embarcados. Benbida do Capitán é sin mais ás 9:35 saímos rumbo Baiona. A altura da illa de Toralla, serviron ó tentempié da Avoa, desta vez ,empanadillas de bacalao con pasas cos respectivos albariños e refrescos para aliviar o estómago do movemento do catamarán, chegamos a Baiona e tivemos dous guias para que nos adentraron ,na historia da que foi a primeria vila de Europa en ter coñecemento da fazaña do descubremento de América .O Castelo de Monterreal, hoxe convertido en Parador , é moito maís, hasta chegar a Igresia de Santa Liberata, a primeira muller que morreu crucificada no cristianismo. Inda que non todos estaban dacordo con a guía ,porque aquela igresa ,decía a persona que non estaba dacordo con que era de Santa Liberata, porque alí ela foi “toda a vida” a Festa de San Cosme…
De volta ao catamarán ás 12:48 saímos dirección ao porto de Vigo e volvémonos a sentar nos nosos anteriores asentos, conforme nos adentrabamos na ría empezabamos de novo a degustar polbo a Feira e empanadas de polbo e de carne e por suposto regados con albariño e mencias, ademáis de admirar a maravilla da Natureza ,que é a Ria de Vigo; e con estes manxares ninguén se atopou mal e chegamos a Vigo ás 13:55. De novo collemos os autobuses respectivos ata 3 dirixímonos cara ao Viso en Redondela para degustar no "Restaurante Casas" pescada á romana con ensalada, codillo ao forno con patacas asadas e guarnición, con viños condados e ribeiros e por suposto augas e refrescos e de sobremesa xeados e biscoito. Saímos do restaurante ás 17:50 e deunos a despedida unha charanga pois estaban en festas. Dirixímonos os tres autobuses dirección a Vigo para visitar o grande mirador de Vigo; ó monte do Castro, a tarde estaba moi clara é as vistas da Ria e toda a contorna da Cidade foi extraordinaria .
E xa ás 19:30 enfilamos dirección ao noso Coruxo e limitrofes.
Dende Avoa, como sempre felicidades a todos. Esperamos que disfrutárades do día .Sempre grazas.
volver